lunes, 27 de febrero de 2012

ITINERARIO

Este é o itinerario previsto a día de hoxe, poderá haber variacións:
    1. LUNS 16 ABRIL: 21:00 horas saída do IES MARUXA MALLO
    2. MARTES 17 ABRIL: Chegada a BENIDORM.
    3. MÉRCORES 18 ABRIL:Visita a Alicante
    4. XOVES 19 ABRIL:Visita a Valencia
    5. VENRES 20 ABRIL:Visita a Benidorm, si fai bo tempo iremos á praia
    6. SÁBADO 21 ABRIL:Visita panorámica a Madrid
    7. DOMINGO 22 ABRIL:Visita ao parque temático Warner Bros
    8. LUNS 23 ABRIL:Visita a o Museo do Prado, regreso e chegada ao centro
     

VIAXE Á COSTA LEVANTINA E MADRID


Os/as alumnos/as de 4º de ESO acompañados/as de tres profesores/as participarán nunha saída didáctica:
  • Lugares que recorreremos: Ordes - Benidorm - Alicante - Valencia - Madrid
  • Datas: do 16 ata o 23 de abril

Iremos informando neste blog do desenrolo desta actividade

BENVIDA AO BLOG DAS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

O IES Plurilingue MARUXA MALLO desenrola ao longo do curso diversas actividades que buscan complementar o proceso de aprendizaxe diario que se leva a cabo no centro.
As actividades son dos seguintes tipos:
  • ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS: levanse a cabo no centro educativo e en horario lectivo, son do seguinte tipo: charlas con escritores, conferencias de distintos profesionais, obradoiros sobre diversos temas, ...
  • ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: levanse a cabo fora do centro e poden extenderse máis aló do horario lectivo: saídas didácticas, asistencia a concertos, asistencia a representacións teatrais...