martes, 24 de abril de 2012

TODO O BO SE ACABA

O luns pola mañá fixemos a nosa derradeira visita a Madrid para facer as últimas compras e ver o Museo do Prado, logo comenzamos a volta para a casa.

domingo, 22 de abril de 2012

TODO O DÍA NA WARNER

Dende a mañán estivemos no parque de atraccións da Warner, moi cerca do hotel. Tivemos tempo de disfrutar de tódalas atraccións e espectáculos.
Rematamos o día celebrando por anticipado de Estela e de Jose, foi un día moi completo.

sábado, 21 de abril de 2012

CHEGAMOS A MADRID

Levounos toda a mañá chegar a Madrid, pero por fin xa estamos aqui. Pola tarde fixemos unha visita panorámica de tres horas acompañados dun guía para poder coñecer o máis importante desta cidade.
Tras disfrutar, ou sofrir, a victoria do Real Madrid rematou o día. Mañan será outro día,

viernes, 20 de abril de 2012

ULTIMO DÍA EN BENIDORM

Hoxe foi o noso derradeiro día en Benidorm e amaneceu cun tempo inmellorable para que poideramos aproveitar a praia e un bo paseo pola cidade.
Pola mañá dimos un longo paseo ao largo de toda a praia de Levante para ver un mirador dende o que se ven as dúas praias, a de Levante e a de Poniente, as vistas dende alí son fantásticas. Nesa zona está o que queda do vello Benidorm, con ruas estreitas e cheo que comercios e lugares de ocio.
Pola tarde aproveitamos a praia e as últimas compras. ´Mañá  iremos a Madrid, esperamos estar alí ao mediodía, ainda nos quedan algunhas cousas interesantes que facer antes de reincorporarnos ao duro traballo diario.

jueves, 19 de abril de 2012

UN LONGO DÍA EN VALENCIA

Hoxe tocounos madrugar un pouco máis pois tiñamos que ir a Valencia que está a dúas horas de aquí.
Cando chegamos  fomos acompañados por unha guía a coñecer a cidade, a cal é moi bonita e merece unha visita posterior para coñecela mellos.
Pola tarde sucedeu  un feito memorable, a nosa compañeira Jessica foi seleccionada para xogar cos golfiños coa conseguinte emoción por parte de todos os membros da excursión, podedes comprobalo nas fotos.

miércoles, 18 de abril de 2012

HOXE VISITAMOS ALICANTE

Comenzamos a nosa ruta ás 10'00 da mañá, diríximonos cara a Alicante, alí en primeiro lugar coñecimos o castelo de Santa Bárbara, dende alí pódense ver unhas vistas fantásticas de todo Alicaante, tanto da parte do mar como da parte da cidade, ademáis é unha fortaleza que construiron os árabes, e logo foi modificándose ao longo dos séculos sempre con fins defensivos, agora é un museo e un lugar privilexiado para coñecer Alicante.
Despois paseamos por Alicante para ver o Concello, a Concatedral a Calle Mayor e a Explanada de España, uun precioso paseo rodeado de palmeiras.
Pola tarde visitamos o Museo Arquolóxico de Alicante (MARQ) onde coñecimos as características dos distintos pobos que pasaron por Alicante (iberos, romanos...) Había unha interesante exposición temporal sobre os tesouros dos bárbaros.
Pero tras tanta acumulación de coñecementos chegou o tempo lúdico, aínda tivemos tempo para bañarnos na piscina do hotel, cear e saír a dar unha volta.

martes, 17 de abril de 2012

POR FIN CHEGAMOS

Despois dunha longa viaxe na que repasamos os últimos grandes éxitos da pachanga e comprobamos o difícil que é conseguir unha postura que permita durmir nun autobús, chegamos a Benidorm ás 10'30 horas. Coñecimos o noso lugar de aloxamento e comprobamos que aquí o tempo meteorolóxico é o axeitado para disfrutar dun día de praia e piscina e a iso nos dedicamos, como poderedes comprobar se vedes as nosas fotos. Xa nos dixeron que por aí chove e fai frío, non é por amolar pero aquí temos unha temperatura estupenda.

sábado, 7 de abril de 2012

CADERNO DE VIAXE

Neste documento podedes ver que actividades imos levar a cabo na saída didáctica á Costa levantina e Madrid

viernes, 6 de abril de 2012

OS ALUMNOS/AS VISITAN LUGO

No mes de marzo os/as alumnos/as de 4º de ESO e un grupo de 3º visitan a cidade de Lugo para coñecer o Museo provincial, a catedral e as murallas.