Comenzamos a nosa ruta ás 10'00 da mañá, diríximonos cara a Alicante, alí en primeiro lugar coñecimos o castelo de Santa Bárbara
, dende alí pódense ver unhas vistas fantásticas de todo Alicaante, tanto da parte do mar como da parte da cidade, ademáis é unha fortaleza que construiron os árabes, e logo foi modificándose ao longo dos séculos sempre con fins defensivos, agora é un museo e un lugar privilexiado para coñecer Alicante.
, dende alí pódense ver unhas vistas fantásticas de todo Alicaante, tanto da parte do mar como da parte da cidade, ademáis é unha fortaleza que construiron os árabes, e logo foi modificándose ao longo dos séculos sempre con fins defensivos, agora é un museo e un lugar privilexiado para coñecer Alicante.Despois paseamos por Alicante para ver o Concello, a Concatedral a Calle Mayor e a Explanada de España, uun precioso paseo rodeado de palmeiras.
Pola tarde visitamos o Museo Arquolóxico de Alicante (MARQ) onde coñecimos as características dos distintos pobos que pasaron por Alicante (iberos, romanos...) Había unha interesante exposición temporal sobre os tesouros dos bárbaros.
Pero tras tanta acumulación de coñecementos chegou o tempo lúdico, aínda tivemos tempo para bañarnos na piscina do hotel, cear e saír a dar unha volta.

No hay comentarios:
Los comentarios nuevos no están permitidos.