Hoxe tocounos madrugar un pouco máis pois tiñamos que ir a Valencia que está a dúas horas de aquí.
Cando chegamos fomos acompañados por unha guía a coñecer a cidade, a cal é moi bonita e merece unha visita posterior para coñecela mellos.
Pola tarde sucedeu un feito memorable, a nosa compañeira Jessica foi seleccionada para xogar cos golfiños coa conseguinte emoción por parte de todos os membros da excursión, podedes comprobalo nas fotos.
