Despois dunha longa viaxe na que repasamos os últimos grandes éxitos da pachanga e comprobamos o difícil que é conseguir unha postura que permita durmir nun autobús, chegamos a Benidorm ás 10'30 horas. Coñecimos o noso lugar de aloxamento e comprobamos que aquí o tempo meteorolóxico é o axeitado para disfrutar dun día de praia e piscina e a iso nos dedicamos, como poderedes comprobar se vedes as nosas fotos. Xa nos dixeron que por aí chove e fai frío, non é por amolar pero aquí temos unha temperatura estupenda.
