Hoxe foi o noso derradeiro día en Benidorm e amaneceu cun tempo inmellorable para que poideramos aproveitar a praia e un bo paseo pola cidade.
Pola mañá dimos un longo paseo ao largo de toda a praia de Levante para ver un mirador dende o que se ven as dúas praias, a de Levante e a de Poniente, as vistas dende alí son fantásticas. Nesa zona está o que queda do vello Benidorm, con ruas estreitas e cheo que comercios e lugares de ocio.
Pola tarde aproveitamos a praia e as últimas compras. ´Mañá iremos a Madrid, esperamos estar alí ao mediodía, ainda nos quedan algunhas cousas interesantes que facer antes de reincorporarnos ao duro traballo diario.
